Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia suxerindo a revisión dalgúns conceptos correspondentes a outras que xa se teñen cursado. Tamén se expoñen detalladamente os resultados da aprendizaxe, as actividades coas que se pretende acadalos e os criterios para a avaliación.
Obradoiro Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios, problemas e tarefas prácticas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba obxectiva Ë unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.
Sesión maxistral Aínda que se fomentará a participación dos alumnos, cada sesión maxistral consiste na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos.