Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A1 B8 B9 B13 B16 B17 B23 B25 C4 C6 C7 C8 Avaliación continua de Anatomía Humana:
Realización dos cadernos de traballo de Anatomía Humana.
5
Proba obxectiva A2 A1 B1 B8 B9 B12 B13 B16 B17 B19 B23 B25 C1 C4 C6 C7 C8 Exame final de Anatomía Humana: 50% da nota final.
Consistirá en dúas partes:

Exame tipo test, de 12 a 24 preguntas (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
Exame preguntas cortas (5 a 10 preguntas).

Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

Exame final de Cinesioloxía Ocupacional: 20% da nota final.
70
Proba de resposta múltiple A2 A1 B8 B12 Avaliación continua de Anatomía Humana. Probas periódica tipo test sobre unidades temáticas da materia.
10
Proba oral A2 A1 B8 B17 B19 B23 B25 C1 Exame final de Cinesioloxía Ocupacional.
Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. Ademais, poderase incluír unha parte de estiramentos.
15
 
Observacións avaliación
ANATOMÍA HUMANA
Grao de Terapia Ocupacional


ORGANIZACIÓN DA MATERIA.
A materia está dividida en dúas partes:
  • Anatomía Humana (6 ECTS; profesores: Isaac Manuel Fuentes Boquete, Silvia María Díaz Prado)
  • Cinesioloxía Ocupacional (3 ECTS; profesores: Sergio Santos del Riego e José Ramón Meilán Devesa)
  • Responsable da materia: Profa. Silvia María Díaz Prado. Ao inicio do curso académico, explicará con detalle ao alumnado a organización da materia e os criterios de avaliación.
AVALIACIÓN DA MATERIA.- A materia avalíase da seguinte maneira:
  • Anatomía Humana: cun valor de 6,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
    • Avaliación continua: 1,5 sobre 6.5.
    • Exame final: 5 sobre 6.5.
      Para aprobar a Anatomía Humana, será necesario alcanzar un total de 3,25 sobre 6.5.
  • Cinesioloxía Ocupacional: cun valor de 3,5 sobre 10, tal como se indica a continuación:
    • Exame final escrito (Prof. Sergio Santos): cun valor de 2,0.
    • Exame oral práctico (Prof. José R. Meilán): cun valor de 1,5.

APROBADO DA MATERIA.


O aprobado conxunto da materia corresponde a 5,0 sobre 10.


Para
o cálculo da nota final da materia sumaranse as notas obtidas en cada
parte da materia, sempre que se obteña en cada parte o 80% do valor na
nota de aprobado. Así, para este cálculo da nota final da materia é
preciso obter:


  • Anatomía Humana: 2,6 (80% de 3,25).
  • Cinesioloxía Ocupacional: 1,4 (80% de 1,75), obtendo un mínimo de 0,8 no exame escrito (Prof. Sergio Santos) e de 0,6 no exame oral (Prof. Meilán)
AVALIACIÓN DE ANATOMÍA HUMANA EN DETALLE.
  • Exame final de Anatomía Humana(cun valor de 5,0).- Consistirá en dúas partes:
  • Proba tipo test (cun valor de 2,5). Consiste de 24 a 48 preguntas. Cada
    pregunta conta con catro sentencias, das cales só unha é correcta. Non
    se puntúa negativo por resposta incorrecta. O aprobado está no 60% de
    respostas correctas.
  • Exame preguntas cortas (cun valor de 2,5). Consiste de 5 a 10 preguntas curtas.
  • Avaliación continua de Anatomía Humana.- Terase en conta:
  • Realización dos cadernos de prácticas  (cun valor de 0,5). Os cadernos publícanse en MOODLE.
  • Probas periódicas tipo test sobre unidades temáticas da materia (cun
    valor de 1,0). Estes exames tipo test teñen a mesma estrutura, grao de
    dificultade e modo de avaliación que a proba tipo test do exame final.

AVALIACIÓN DE CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL EN DETALLE.

  • Exame final escrito de Cinesioloxía Ocupacional (cun valor de 2,0).
  • Exame oral práctico de Cinesioloxía Ocupacional
    (cun valor de 1,5). Consistirá na valoración dun grupo muscular
    e dunha goniometría articular. Poderase incluír unha parte de
    estiramentos, na que o alumnado terá que explicar a manobra e a
    implicación do grupo muscular ou músculo illado. O profesor publicará,
    previamente á data oficial de realización do exame correspondente, un
    documento co lugar e horario de realización do exame que corresponda a cada alumno/a.

PLAN GREEN CAMPUS FCS:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan Green Campus da Facultade de Ciencias da Saúde (FCS), os traballos documentais que se realicen nesta materia:
A.- Maioritariamente, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
B.- De realizarse e papel:
1. Non se utilizarán plásticos.
2. Realizaranse impresións a dobre cara.
3. Empregarase papel reciclado.
4. Evitarase a realización de borradores.