Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
INDICACIÓNS DO PROFESORADO: Profs. Isaac Fuentes e Silvia Díaz. A asistencia á clase é obrigatoria. Recoméndase levar a materia ao día para obter un bo rendimento académico. Prof. Sergio Santos del Riego. Obrigatoria a asistencia para o grupo de traballo de estudantes que expoñen nas clases de grupo grande de Cinesioloxía Ocupacional e altamente recomendable para o resto dos seus compañeiros. É altamente recomendable que os estudantes asistan aos 3 ou 4 seminarios teórico-prácticos que se realizan para cada grupo mediano.

OBSERVACIÓNS:

Programa Green Campus FCS

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. 

b. De realizarse en papel: 

- Non se empregarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara. 

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a realización de borradores.

PLAxio

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e a remisión directa á oportunidade seguinte.

Dita circunstancia comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou definitiva do/a estudante do título cursado.