Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 A8 A9 A10 A12 A13 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 B6 B7 B9 B18 B23 B24 C1 C4 C6 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. 20
Portafolios do alumno A6 A7 A8 A9 A10 A13 A14 A19 A20 A21 A24 A28 A31 B4 B6 B9 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. 15
Prácticas clínicas A7 A8 A9 A10 A12 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A31 B1 B9 B23 B24 B29 C1 C4 C6 Valorarase: a puntualidade, la asistencia, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co usuario, a relación co equipo de profesionais, a integración e a aplicación de conceptos teóricos-prácticos adquiridos previamente, as destrezas e os coñecementos adquiridos.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas previamente ó centro conveniado, así como ó coordinador da materia e ó coordinador do título mediante email.
60
Recensión bilbiográfica A7 A13 A20 A21 A24 A28 B5 B24 C1 C4 C6 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumno (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas. 5
 
Observacións avaliación





O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica de acordo co establecido no art. 5 del Real Decreto 1125/2003 de 5
de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 


Para aprobar a materia, o/a alumno/a debe participar activamente
nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e acadar unha nota
global mínima de 5 e ter superadas polo menos a metodoloxía de Prácticas
Clínicas e Estudo de Casos. Para iso, será necesario ter unha cualificación
mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía prácticas clínicas e unha
cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na metodoloxía estudo de casos, e
só se terán en conta para a cualificación final as notas das outras
metodoloxías, se o/a alumno/a acada a dita puntuación nas mencionadas metodoloxías.
En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á da metodoloxía
suspensa correspondente (nota obtida nas Prácticas clínicas ou Estudo de
Caso). No caso de non superación da materia na primeira convocatoria, o/a
estudante, deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas
metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo).


Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo
dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de
Goberno do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de
matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a
clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial
establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte
negativamente ao proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as
Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da
citada dispensa.


Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará
á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia
Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das
materias.