Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Practicum II Código 652G01035
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 36
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Baña Castro, Manuel
Cano López, Pablo
Carballal Miñan, Patricia
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Cotelo Guerra, Dolores
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Espiñeira Bellon, Eva Maria
García De la Torre, Maria del Pilar
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Mendez Garcia, Rosa Maria
Mesías Lema, José María
Mosquera Castro, Estefanía
Otero Otero, Patricia
Rebollo Quintela, Nuria
Rivas Barros, Isabel
Rodriguez Lopez-Vazquez, Alfredo
Santamaría Recio, María Celina
Santorum Paz, Maria Rosa
Varela Garrote, Lara
Vega Marcote, Pedro
Zapico Barbeito, Mª Helena
Correo electrónico
m.bcastro@udc.es
pablo.cano@udc.es
patricia.carballal@udc.es
maria.castror@udc.es
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
dolores.cotelo@udc.es
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
eva.espineira@udc.es
pilar.gdelatorre@udc.es
m.matov@udc.es
rosa.mendez@udc.es
jose.mesias@udc.es
e.mosquera@udc.es
patricia.otero.otero@udc.es
nuria.rebollo@udc.es
isabel.rivas@udc.es
alfredo.lopez-vazquez@udc.es
celina.santamaria@udc.es
rosa.santorump@udc.es
lara.varela@udc.es
pedro.vega.marcote@udc.es
helena.zapico@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 36 créditos da materia (900 horas), o 48,8% son de carácter presencial (440 horas) e o 51,1% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (460 horas). Das 440 horas de carácter presencial, 420 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma a titorías na Facultade. O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías