Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá | Código | 652608812 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao comezo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta. |
Obradoiro | Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras. |
Proba mixta | Na última sesión do curso os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico. |
Traballos tutelados | O traballo final obrigatorio versará sobre un tema relacionado con algún aspecto da materia que ha ser consensuado coas profesoras. Formalmene axustarase ás pautas definidas no inicio do curso. Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, a profundidade e o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva. Este traballo deberá ser entregado na data determinada polas profesoras no inicio de curso (polo menos, una semana antes do exame). |
Actividades iniciais | Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia. |
Sesión maxistral | A modo de introdución ou visións de conxunto, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia. |
|