Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial |
Asignaturas |
Complexos metálicos |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Complexos metálicos | Código | 610509010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A2 A3 B1 B7 B10 | Durante a sesión maxistral os profesores fomentarán a participación activa dos estudantes; normalmente mediante preguntas seleccionadas calibrarán o grao de implicación do alumno e de consecución dos necesarios resultados de aprendizaxe | 10 |
Estudo de casos | A1 A2 B2 B3 B7 B10 B11 | Nesta actividade cualificarase tanto a participación activa do alumno co grao no que conseguiu resolver de maneira correcta o caso exposto. Con este fin tamén se utilizará a atención personalizada obrigatoria para calibrar a consecución de competencias. | 15 |
Solución de problemas | A1 A2 B1 B2 B3 B7 B10 B11 | Nesta actividade será obxecto de avaliación a realización correcta dos correspondentes problemas ou cuestións, así como o grao de implicación do alumno. A atención personalizada utilizarase tamén para axudar a determinar o grao en que os alumnos están a alcanzar as competencias previstas. | 15 |
Proba mixta | A1 A2 A3 B3 B7 | A corrección da proba mixta, cuxos criterios serán coñecidos polos alumnos no momento da celebración do exame proporcionará un adecuado índice do grao de consecución dos resultados de aprendizaxe expostos. | 60 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (seminarios de problemas e tutorías). A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de dous compoñentes: clases interactivas de grupo reducido (seminarios) e clases interactivas de grupo moi reducido (tutorías). Os seminarios e as tutorías incluirán os seguintes elementos resolución de problemas e casos prácticos (15%), realización de traballos e informes escritos (5%), exposición oral, caso de levarse a cabo, [(casos prácticos, problemas), 10%] e cuestións orais durante o curso (10%). De non realizarse a exposición oral a súa contribución á cualificación sumarase á resolución de problemas e casos prácticos. O exame final (N2) versará sobre a totalidade dos contidos da materia. A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte: Nota final= máximo (0.4 x N1 + 0.6 x N2) Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10). Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez. |
|