A docencia que se imparte nesta materia persegue, principalmente, a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre as principais institucións do proceso penal. Concretamente: a) Os principios constitucionais relativos ao Proceso penal; b) A tutela xudicial efectiva; c) A función do Dereito procesual penal como instrumento na aplicación do ius puniendi estatal e na protección dos dereitos do imputado e da víctima; d) O procedemento preliminar; e) O xuízo oral; f) O sistema de recursos; g) Os procesos especiais; h) A execución penal.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos.
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Mantense a resolución de casos por parte do estudantado.
*Metodoloxías docentes que se modifican.
As sesións presenciais serán substituídas por video-conferencias, e a comunicación co estudantado trasladarase ao entorno virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Correo electrónico, tutorías a través de teams.
4. Modificacións na avaliación.
Adaptarase a avaliación realizándoa de maneira virtual, o cal non deberá supor dificultade, xa que non se contemplas probas únicas de avaliación, senón que esta se fará a través do traballo individual do estudante.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías