O estudo da materia "organización constitucional" ten o obxectivo de continuar facilitando ao futuro graduado en Dereito a formación necesaria para se desenvolver no ámbito xurídico da organización estatal. Coñecidos no primeiro cuatrimestre os contidos fundamentais da noción de Estado Constitucional, democrático, liberal e social de Dereito, a Constitución española de 1978 e a súa natureza, a súa función como fonte do Dereito así como a parte dogmática (dereitos fundamentais) da mesma, compre agora analisar a estrutura territorial do Estado español, estudando a forma de Estado –politicamente descentralizado- que se organiza en tres instancias territoriais fundamentais: a organización política central, as Comunidades Autónomas e os entes locais, as relacións entre estas –con especial referencia aos litixios constitucionais de defensa da autonomía de cada unha delas-, ofrecendo unha visión de conxunto da dinámica propia dos modelos descentralizados ou federais.
Asemade, neste curso estudase o conxunto de órganos constitucionais que plasman a división horizontal de poderes establecida na Constitución española, isto é, as Cortes Xerais (Poder Lexislativo), o Goberno da Nación e a Administración Pública (Poder Executivo) e os xulgados e Tribunais e o Consello Xeral do Poder Xudicial (Poder Xudicial) e o Tribunal Constitucional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Seminario
- Estudo de casos
- Discusión dirixida
- Lecturas
- Proba obxectiva
- Traballos tutelados
- Proba oral
- Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Atención personalizada (incorpórase)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Puntualmente as sesións presencias de Teams poderán ser sustituidas por vídeos ou lectura de materiais específicos, segundo o criterio do profesor responsable da materia.
4. Modificacións na avaliación
- Realización dunha proba tipo test por cada parte da asignatura que teña un valor do 40% do total da cualificación final, sendo necesario aprobala para poder superar a asignatura.
- Traballos tutelados que permitan a avaliación continua e que teñan un valor do 60% do total da cualificación final
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías