Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Xestión dos servizos da Enfermaría
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Xestión dos servizos da Enfermaría Código 750G01021
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Fernández Basanta, Sara
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
Profesorado
Fernández Basanta, Sara
Rodeño Abelleira, Angeles
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
angeles.rodeno@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O proposito xeral da materia é capacitar ao alumno para traballar dentro dunha organización ou sistema tendo en conta o medio socioeconómico en que ésta se desenvolve, así como por ao seu alcance os métodos e as técnicas utilizados polas ciencias administrativas para integrar os coñocementos adquiridos noutras disciplinas coa finalidade de prestar un servizo de calidade a un custo adecuado e incrementar o desenvolvemento persoal, profesional e o da institución ou sistema
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non existen modificacións nos contidos da materia. 2. Metodoloxías As metodoloxías docentes serán mantidas no caso de que un/ha ou varios estudante/s estén confinados. Nese caso, levarase a cabo docencia síncrona online. No caso da simulación, se o confinamento é individual, desenrolarase de xeito síncrono online, se fose grupal, pospoñerase ata que se poida realizar. e enviarlles os informes xustificativos. Se o confinamento individual afecta o desenrolo da proba obxectiva, esta deberase realizar de forma presencial nunha nova data acordada entre o alumnado afectado e as docentes. No caso de que exista un peche de actividades presenciais, as horas de traballo da metodoloxía de simulación serán incorporadas ao traballo tutelado que se ampliará para abordar as competencias asignadas a metodoloxía de simulación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Sesións en TEAMS Semanal, no horario establecido previamente a suspensión da docencia. Titorías por email ou videoconferencia a demanda do/a estudante 4. Modificacións na avaliación Non se contemplan modificación en situacións de confinamento individual ou grupal. Nun escenario de peche da actividade presencial, realizaranse as seguintes modificación: Proba obxectiva 50% (5 puntos) Proba tipo test de resposta única. Traballo tutelado 50% (5 puntos) Elaboración dun traballo colaborativo e posterior defensa teórica e metodolóxica, en sesión programadas coas profesoras Emma Rodríguez Maseda e Sara Fernández Basanta. *Observacións de avaliación: Non existen cambios nas observacións da avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non existen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes