Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Química: Enlace e Estrutura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B3 B6 B7 B8 B9 C7 C9 Cualificaranse conxuntamente as clases de SOLUCIÓN DE PROBLEMAS e os OBRADOIROS, cun máximo de 15 puntos en total.

Nesta actividade terase en conta a participación do alumnado nas correspondentes clases de problemas. Tamén se poderá avaliar algún exercicio breve que poderá realizar durante as mesmas.
15
Obradoiro A1 A2 A3 B3 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 C9 Cualificaranse conxuntamente as clases de SOLUCIÓN DE PROBLEMAS e os OBRADOIROS, cun máximo de 15 puntos en total.

Nesta actividade terase en conta a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado. Tamén se poderá avaliar algún exercicio breve que poderá realizarse durante os mesmos.
0
Proba mixta A1 A2 A3 B1 B7 B8 C9 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test, formulación e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso. 60
Proba obxectiva A1 A2 A3 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C9 Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 25
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:

- Proba mixta: até un máximo de 60 puntos

- Probas obxectivas: até un máximo de 25 puntos

- Clases de solución de problemas e obradoiros: até un máximo de 15 puntos.

Para superar a materia será necesario
conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades
avaliables (proba mixta, probas obxectivas, solución de problemas e
obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de 30 puntos
(sobre 60) na proba mixta na 1ª e 2ª oportunidade. De non acadar dita
puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior
ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5).

Dado
que a cualificación esta baseada no modelo de avaliación continua,
valorarase específicamente a progresión do alumno ao longo de todo o
cuadrimestre ata un máximo de 1 punto que se poderá sumar á cualificación
final.

Os alumnos que non participen activamente nas clases de
solución de problemas e nos obradoiros obterán unha cualificación de
cero puntos neste apartado (ate 15 puntos da nota global) nas dúas
oportunidades.

O
alumnado que sexa avaliado na chamada “segunda oportunidade” conservará
a nota correspondente aos apartados de solución de problemas e proba
obxectiva, sustituíndose a nota da proba mixta da primeira oportunidade
pola obtida nesta segunda.

No caso de
circunstancias excepcionais, obxectivables e axeitamente xustificadas,
o profesorado da materia podería eximir total ou parcialmente a algún
membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O
alumnado que se acolla a esta circunstancia deberá superar un exame
específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias
propias da materia.

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, avaliación será un 25 % a calificación obtida nas actividades de titorías e 75%
a calificación obtida polo alumno na proba mixta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes