Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación por enquisas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Metodoloxía da investigación por enquisas Código 615G01303
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Ferrín Pereira, Mónica
Correo electrónico
monica.ferrin.pereira@udc.es
Profesorado
Ferrín Pereira, Mónica
Suárez Grimalt, Laura
Correo electrónico
monica.ferrin.pereira@udc.es
laura.suarez.grimalt@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é coñecer e entender os procesos na realización dunha investigación mediante enquisa tanto no ámbito académico coma noutros ámbitos profesionais: desde o deseño, á posta en práctica, á análise dos datos e ao informe de resultados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral (non computará na nota) Prácticas de laboratorio (computará na nota) Proxecto de investigación (computará na nota) Proba obxectiva (computará na nota) Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Presentación oral: non se realizará. A avaliación desta metodoloxía incorpórase á realización do proxecto de investigación, que se acompañará dunha presentación power-point do traballo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para calquera tipo de consulta relacionada coa asignatura e solicitar titorías virtuais. A menos que haxa problemas técnicos, todas as comunicacións individuais se deberán dirixir preferentemente por esta vía. - Moodle: Diariamente. Para promover a participación do alumnado e a compresión dos contidos usaranse os foros temáticos asociados aos módulos da materia, na que o estudantado poida formular as consultas necesarias. Estes foros tamén se abriran para a comunicación sobre os traballos de investigación (só accesibles aos membros do grupo), de maneira que se poida facer o seguimento do traballo de investigación. - Teams: unha sesión semanal para todos/as alumnos/as na que se discuten os contidos teóricos, na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Outra sesión semanal en grupos reducidos na que se levan a cabo as prácticas de laboratorio, tamén na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais do uso de voz, promoverase o uso do chat entre os alumnos para que a resolución de dúbidas sexa o máis eficiente posible. Unha vez ao mes aproximadamente organizarase unha sesión de Teams con cada un dos grupos dos traballos de investigación para completar o seguimento realizado a través de Moodle. 4. Modificacións na avaliación Prácticas de laboratorio (10%) - Entrega de dúas prácticas nas datas establecidas Proxecto de investigación (50%). En relación ao proxecto de investigación valorarase: - A adecuación da metodoloxía aos obxectivos da investigación - O axuste entre os obxectivos e os conceptos a medir - A calidade da operacionalización - A calidade do cuestionario - O uso adecuado do software para a realización do cuestionario online - O uso das técnicas estatísticas adecuadas para a análise dos datos - A presentación dos resultados - A calidade da presentación power-point (que substitúe a presentación oral) Proba obxectiva (40%): comprenderá preguntas curtas e/ou de resposta múltiple, administrarase online en formato enquisa. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, cambiando o peso de cada unha das partes na avaliación global, tal e como se indica máis arriba. Unicamente non computarán na nota final a participación nas sesións maxistrais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Os materias de traballo poñeranse a disposición de forma dixitalizada no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes