Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades acuáticas e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Habilidades acuáticas e a súa didáctica Código 620G01007
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Castillo Obeso, Maria del
Correo electrónico
maria.castillo@udc.es
Profesorado
Camiña Fernandez, Francisco
Castillo Obeso, Maria del
Rivas Feal, Antonio
Correo electrónico
frco.camina@udc.es
maria.castillo@udc.es
antonio.rivas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Habilidades acuáticas e a súa didáctica" desenvolve contidos relacionados co dominio do medio acuático a través da aprendizaxe da motricidade acuática así como a metodoloxía do seu ensino para distintos grupos de poboación. O medio acuático presenta unhas características particulares diferentes ás terrestres que poden facilitar unha actividade educativa e saudable que enriqueza significativamente o desenvolvemento motor do individuo. Ao non ser o ambiente axeitado para o ser humano, presenta riscos obxectivos para a súa integridade física, sendo o máis grave o afogamento. A aprendizaxe da motricidade acuática básica permitirá que as persoas se adapten ao medio acuático, garantindo o seu desfrute sempre que se faga de forma responsable xa que, aínda que sexan dominadas, persiste o risco de afogamento. Ao tratarse dunha materia obrigatoria, todo o alumnado debe cursala, o que garante unha diversidade de situacións de aprendizaxe que contribuirán ao enriquecemento da metodoloxía. Cada alumno/a achega a súa particular experiencia coa auga e o seu nivel de dominio do medio que, ao compartir, beneficia ao grupo. Non obstante, cómpre subliñar que a instalación do profesorado é unha piscina profunda que require un nivel mínimo de adaptación ao medio acuático para poder cursar a materia con seguridade, demostrado có apto na proba de adaptación ao medio acuático nas probas de acceso. O título da materia xa indica que se centra máis na metodoloxía docente que no nivel de rendemento que acada cada alumn/a. É máis interesante que o alumnado aprenda a ensinar o dominio do medio acuático a todo tipo de posibles usuarios de calquera idade e capacidade, tanto en instalacións acuáticas como en espazos acuáticos naturáis. Trátase, polo tanto, dunha materia que desenvolve coñecementos aplicados, partindo da propia experimentación e que dará ao alumnado ferramentas de intervención para que poida desenvolver todo tipo de programas educativos e de promoción da saúde en espazos acuáticos artificiáis e naturáis, coas máximas garantías de seguridade e calidade. Está situado no segundo cuadrimestre do primeiro curso e pode ter continuidade curricular coa materia "Iniciación ao Deporte II (Natación)" que se imparte de forma optativa en 3o curso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes