Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Arquitectura de Escala Complexa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A17 C7 O resultado final dos traballos realizados na asignatura plasmarase no portafolio persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da plataforma docente Moodle.

Se evalúan os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.

Realizaráse unha proba obxetiva consistente nunha práctica que demostre a habilidades e competencias adquiridas polo alumno cun peso do 20% deste apartado
40
Obradoiro A17 A30 A34 A35 A67 B2 B3 B4 C3 C4 C5 C6 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe - tanto autónoma como colaborativa - dos estudantes, baixo tutélaa do profesor e en escenarios variados (académicos, profesionais e competitivos). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.
60
 
Observacións avaliación
Para superar a materia na oportunidade de xuño será preciso:
- Ter asistencia mínima 80% das clases con partición activa tanto nas clases de revisión conxunta como individual dos traballos.
- Entregar en tempo e forma os traballos (de xeito acorde o calendario da asignatura) e obter uhna calificación mínima de 3 en cada exercicio.
- Obter na proba obxetiva uhna calificación mínima de 5.

Para superar a materia na oportunidade de xullo será preciso:
- Ter asistencia mínima 80% das clases do curso con participación activa  tanto nas clases de revisión conxunta como individual dos traballos.
- Ter entregado en tempo e forma os traballos durante o curso, e proceder a súa modificación durante os meses de xuño-xullo se á calificación non supera o 3 en cada exercicio.
- Obter na proba obxetiva de xullo unha calificación mínima de 5.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes