Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  A Construción Histórica do Sistema Educativo: Políticas Educativas, Reformas e Dirección de Centros
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas primeiras sesións de clase levaranse a cabo actividades de caracter expositivo, por parte do profesor, nas que se presentará o programa da materia e mesmo a dinámica metodolóxica establecida para o mellor desenvolvemento da mesma.
Lecturas Propóñense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos xunto con unha documentación que o alumnado tera que ler en todos os casos, para proceder logo a recensionar aqueles que oportunamente se lles indicará
Sesión maxistral Faráse unha exposición oral dos temas da guía coa introducción dalgunhas preguntas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Referidos expresamente a elaboración dun traballo de iniciación na investigación educativa. O alumnado responsabilizarase do traballo e a súa posterior redacción seguindo unhas pautas que se lles irán indicando a través dun seguimento preciso e pautado. Estes traballos poden realizarse en pequeno grupo constituído por un máximo de seis membros.
Presentación oral Exposición de traballos realizados diante do grupo de referencia, procurando presentar, analizar e tirar conclusións sobre o problema investigado, o documento ou a experiencia abordada
Aprendizaxe colaborativa Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempo son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non se opón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumno.
Análise de fontes documentais Supón a utilización de distintos tipos de documentos e fontes relevantes para o estudio da materia que permitan proceder a realizar unha análise e unha posterior utilización na explicación dos procesos educativos e do tratamento dos distintos procesos sociais que arredor dela se desenvolven
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes