Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  A Construción Histórica do Sistema Educativo: Políticas Educativas, Reformas e Dirección de Centros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A37 A38 B1 B3 B4 B10 B13 C1 C4 C7 C8 C9 Exposicións e defensa de traballos realizados, mesmo de maneira individual como ou grupal, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. 40
Traballos tutelados A37 A38 B3 B4 B6 B10 B11 B13 C4 C7 Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. Pode ter carácter grupal e /ou individual. 60
 
Observacións avaliación

- A asistencia as clases é obrigatoria e será obxecto de control. O límite de asistencia mínimo é do 80%.

-
Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesor para a
súa oportuna e axeitada consideración.

- As faltas de asistencia puntuais non precisan ser xustificadas mentres non excedan o 20% do total.

-  Para segunda oportunidade de avaliación,
no mesmo curso consérvanse as notas das partes que o alumnado teña
superadas, debendo realizar unicamente as non superadas.

-
Para o alumnado que teña o recoñecemento de dedicación a tempo parcial
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO
DOS ESTUDANTE DE GRAO NA UDC”-concretamente o Art. 3 (apartados a, b, c)
e  o Art. 4. (apartado 5) de 29/05/2012-, establécese que, ademais dos
traballos obrigatorios que con carácter individual  en cada caso
particular se especifiquen nas primeiras semanas do cuadrimestre, este
alumnado realizará ademais unha proba de ensaio con carácter obrigatorio
ao final do mesmo na data sinalada oficialmente. Esta proba, nestes
casos específicos, terá un valor do 50% do total da nota final. Igual
que no caso do alumnado con dedicación a tempo completo para a segunda
oportunidade de avaliación, no mesmo curso, consérvanse as notas das
partes que o alumnado teña superadas, debendo realizar unicamente as non
superadas.

- Para superar a materia é necesario
ter aprobados os dous apartados correspondentes mesmo para o caso dos
alumnos asistentes a tempo completo como para os que teñan o
recoñecemento de asistencia parcial. Estás condicións mantéñense ao
longo do curso en todas as convocatorias.

- Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra dentro do mesmo curso académico.

- Mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados é obrigatorio pasar pola titoría cando menos unha vez.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes