Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Ensino das ciencias da natureza
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía que pretende a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual e grupal de xeito que o grupo actúe como "comunidade que construe o seu propio coñecemento" levando a cabo actividades dentro e fora da aula.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a seminarios, xornadas... que teñan lugar na Facultade ou noutras institucións, co fin de complementar a formación.
Lecturas Leturas obrigatorias e voluntarias de libros, artigos e outros textos.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que se aprenda a través da realización de actividades prácticas con carácter indagativo.
Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados individualmente ou en grupo, prantexando preguntas, solicitando aclaracións, etc. sobre a tarefa levada a cabo.
Proba mixta Proba escrita formada por cuestións que poden ser de diferente tipoloxías (V/F, escolla múltipla, curtas, de emparellar, asociar ou ordear, abertas de semidesenvolvemento, etc.)
Sesión maxistral Exposición oral con apoio de material audiovisual e pranteando cuestións para que o alumnado participe e se favoreza o proceso de ensino-aprendizaxe.
Saídas de campo Actividades fora da Facultade.
Solución de problemas Partindo dos contidos traballados e/ou de casos de actualidade , poderá prantexarse a resolución de situacións problemáticas máis ou menos cercanas e concretas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes