Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Iniciación deportiva
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Iniciación deportiva Código 652G02036
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
Web
Descrición xeral O Graduado en Educación Primaria (prioritariamente con mención en Educación Física) debe realizar no seu labor profesional programas e propostas educativo-deportivas tanto na contorna escolar como no extraescolar. O achegamento do Graduado en Educación Primaria (especialmente aqueles con mención en Educación Física) ao deporte na sociedade actual e á importancia que ten o seu desenvolvemento nas idades de Educación Primaria é un dos aspectos de maior importancia na Educación Física. Coñecer e dominar os distintos modelos de ensino do deporte nos procesos de iniciación, valorar a situación do deporte na escola e reflexionar sobre os seus principais problemáticas, ofrecer ao futuro graduado referencias para adecuar tanto o seu enfoque como as súas propostas educativas ás características dos grupos aos que teñan que impartir clase. A materia “Iniciación deportiva" pertence ao grupo de materias optativas, no plan de estudos de Grao en Educación Primaria. O número total de créditos é de 4,5. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: o deporte na sociedade actual; a iniciación deportiva; análise da estrutura dos deportes; aspectos metodolóxicos do proceso de iniciación deportiva; a organización do deporte en idade escolar e problemáticas que afectan o deporte e á súa iniciación, o papel do educador e os principios pedagóxicos da educación motriz.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéranse todas as metodoloxías vinculadas ao traballo autónomo do alumno e docencia non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías que fan referencia á presencialidade serán sustiuídas por metodoloxías de ensinanza non presencial 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Para a realización de tutorías utilizarase o correo electrónico ou a plataforma TEAMS no caso de facer videotutorías. 4. Modificacións na avaliación A proba correspondente ao examen final da materia realizarase vía online, a través dun examen oral ou tipo test na aplicación moodle. O resto de instrumentos e criterios de avaliación manterase. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes