Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Políticas Sociolaborais
   Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Discusión dirixida: Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo
discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.

Estudo de casos: Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha
situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e
resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.

O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Presentación oral: Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe
baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.

Proba obxectiva: Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas.

Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar
coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia,etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Sesión maxistral: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

A clase maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou
?lección maxistral?. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Traballos tutelados: Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas.

Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes