Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Xestión Industrial da Moda
 Asignaturas
  Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos Código 710G03014
Titulación
Grao en Xestión Industrial da Moda
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
javier.tarrio@udc.es
Profesorado
González Rueda, Ángel Manuel
Tarrio Saavedra, Javier
Correo electrónico
angel.manuel.rueda@udc.es
javier.tarrio@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/710G04V01/710G04040/2020
Descrición xeral Esta materia introduce os conceptos básicos da análise estatística de datos, desde a estatística descritiva á inferencia estatística, pasando pola introdución á probabilidade, o concepto de variable aleatoria, as series de tempo e as ferramentas fundamentais do control estatístico da calidade, enfocando a súa docencia na resolución de problemas prácticos no marco da xestión industrial da moda.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modifican os contidos. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen • Proba de resposta múltiple. • Traballos tutelados. • Solución de problemas. • Prácticas a través de TIC. Metodoloxías docentes que se modifican Non se modifica ningunha metodoloxía docente. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Microsoft Teams, correo electrónico e Moodle. Temporalización: Microsoft Teams utilizarase en horario de clases, ademais de en horario de titorías. O correo electrónico servirá de medio para resolver dúbidas e para o intercambio de ficheiros e información en xeral. Moodle servirá para intercambio de información e material da materia, ademais de ser o medio da realización de probas de resposta múltiple, ademais de traballos de avaliación continua. 4. Modificacións na avaliación A proba de resposta múltiple puntuarase ata un máximo de 40 puntos sobre 100 e constará de 15 a 20 preguntas tipo test con tres respostas posibles. Os traballos tutelados contarán ata un total de 20 puntos sobre 100, sendo traballos a realizar en grupos de 2 a 5 persoas, de aplicación da estatística ou a análise de datos en xeral, ou mesmo relacionado cunha aplicación específica da estatística na xestión ou a industria. A solución de problemas puntuarase ata un máximo de 20 puntos sobre 100. Avaliarase o desempeño do alumno mediante a entrega de exercicios resoltos. As prácticas a través de TIC representarán un 20% da nota final. Nelas avaliarase o desempeño do alumno nas clases prácticas e/ou a entrega de traballos relacionados coa aplicación do software estatístico R. Observacións de avaliación: A proba de resposta múltiple ou exame pasa a representar o 40% (antes o 60%), os traballos tutelados o 20% (antes o 20%), as prácticas a través de TIC o 20% (antes o 10%) e a entrega de exercicios resoltos o 20% (antes o 10%). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes