Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Estancias Prácticas II |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas II | Código | 653G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 | Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos estudos de casos. | 10 |
Estudo de casos | A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas | 30 |
Saídas de campo | A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria. Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañada polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma, tendo en conta a observación realizada das contornas, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornas reais para que faciliten a autonomía. CARÁCTER OBRIGATORIO. |
35 |
Simulación | A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 | Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria. | 25 |
Observacións avaliación | |||
A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e avaliación inicial, a planificación da intervención sobre a/s contorna/s, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a realizar pola/o alumna/o (de forma individual ou en parella), e nun horario de asistencia á clase cos/coas docentes da materia, no que se abordarán os contidos teóricos, realizarase a práctica planificada, e titorizarase a práctica autónoma da/o alumna/o. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo como o presencial. Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada na/o alumna/o, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia.
Para aprobar a materia, a/o estudante debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia. A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL, PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15% Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao a Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4(apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable). Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia. |
|