Proba obxectiva |
Proba escrita empregada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. É un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas e rendimento, entre outras cousas. A proba en cuestión pode combinar distintos tipos de preguntas, tales como preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e de asociación. Igualmente, pode construírse con só tipo de algunha destas preguntas. |
Estudo de casos |
Perante unha situación específica que plantea un problema, trátase de comprender, valorar e resolver a través dun proceso de discusión. Ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real, o estudantado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos. |
Solución de problemas |
Trátase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñan traballado, que poden ter máis dunha solución. |