Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
Discusión dirixida. Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten sobre un tema, previamente preparado.

Estudo de casos. Perante unha situación específica que plantea un problema, trátase de comprender, valorar e resolver a través dun proceso de discusión. Ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real, o estudantado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos.

Solución de problemas. Trátase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñan traballado, que poden ter máis dunha solución.