Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 Realizarase nas datas establecidas pola Xunta do Centro. A proba constará dun exercicio escrito con problemas e cuestións análogos aos resoltos nos seminarios, obradoiros e prácticas. 60
Prácticas a través de TIC A6 A9 A21 B2 B4 C3 O seguimento e participación nas prácticas contribuirá cun 5% á avaliación. Os informes das prácticas entregados a través de Moodle contribuirán cun 10% á avaliación. 15
Obradoiro A1 A4 A6 A9 A10 B2 B4 C1 Avaliaranse (1) os informes entregados a través de Moodle, (2) o seguimento e a participación mediante preguntas ou respostas durante as sesións e (3) a calidade das exposicións dos problemas, atendendo ao emprego da nomenclatura adecuada para os compostos e reaccións, a claridade e concreción das explicacións e as respostas ás cuestións que se expoñan. 25
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5 sobre 10. Por tanto, de non alcanzarse a puntuación mínima na proba mixta a materia figurará como suspensa, aínda que a cualificación media fose igual ou maior que 5 (nese caso a cualificación na acta será de 4,5). Os alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta recibirán a cualificación de Non Presentado.

As cualificacións das prácticas a través de TIC e dos obradoiros manteranse na segunda oportunidade. Por tanto, na segunda oportunidade os alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial seran avaliados cos criterios expostos anteriormente.

Os estudantes con dispensa académica están exentos da asistencia aos
talleres (25% da cualificación global) e poderán ser avaliados únicamente
mediante as prácticas a través de TIC e a proba mixta, tanto na primeira como na
segunda oportunidade. Para os alumnos que se acollan a dispensa de asistencia
aos talleres, a proba mixta contribuirá ao 85% da cualificación global. A
realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para
superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da flexibilidade
que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No
caso de circunstancias excepcionais, obxetivables e adecuadamente xustificadas, o coordinador de QO1 podería eximir a algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas a través de TIC. O
estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e
competencias propias da materia (correspondente ao 100% da cualificación).