Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 Proba, de moi variada índole (test, análise xurisprudencial, estudo e análise xurídico de casos concretos, elaboración de contratos ou documentos, discusións dirixidas, etc.), que realizan os alumnos ao longo do curso para comprobar os coñecementos adquiridos. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C4 C5 C6 C7 Exame que combinará preguntas "tipo test" con preguntas de redacción, todas elas relacionadas con calquer materia incluida no programa de contidos da asignatura. 70
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os alumnos durante as sesións presenciais intervirán oralmente expoñendo a súa solución aos casos propostos, debatendo, no seu caso, co profesor e cos seus compañeiros. 0
Discusión dirixida A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B7 B8 B2 B3 B4 B5 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os alumnos intervirán na discusión plantexada, tratando de mostrar os seus coñecementos e habilidades. 0
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: AS PROBAS DE ENSAIO, QUE PERMITEN A AVALIACIÓN CONTINUA DO ALUMNADO, SOAMENTE PODERÁN SER REALIZADAS POR AQUELES ALUMNOS QUE ASISTAN E PARTICIPEN REGULARMENTE NAS CLASES OU AULAS DA ASIGNATURA.

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial terase en conta para a súa avaliación, de maneira obrigatoria, a proba mixta e as probas de ensaio. A proba mixta, como ocorre cos demáis estudantes, terá un valor do setenta por cento da nota final. No seu caso tamén as probas de ensaio
suporán o trinta por cento da nota final da asignatura. Mais neste último caso se terá en conta a disponibilidade do alumnado, poidéndose establecer datas sustitutorias daquelas inicialmente previstas para o resto do alumnado.