Temas Subtemas
TEMA 1: A TEORIZACIÓN SOCIOLÓXICA SOBRE O RISCO Elementos do concepto de risco. A noción de risco na análise de risco-custo-beneficio. Visión técnica do risco. Abordaxe psicolóxica do risco. Abordaxe sociolóxica do risco. Concepcións de risco. Natureza social do risco. Teorías socio-culturais dos riscos. Riscos, incertezas e coñecemento científico. O principio de precaución. A comunicación de risco e a opinión pública. Xestión pública do risco.
TEMA 2: SOCIEDADE DO RISCO E MODERNIZACIÓN REFLEXIVA O risco como unha nova modernidade. ¿Que é a modernización reflexiva? Sociedade do risco. Risco e reflexividade. Riscos e incertezas. Procesos de "individualización". A aparición da sub-política. Cara a unha nova modernidade: unha maior diferenciación, o modelo da "mesa redonda" e a reforma da racionalidade.
TEMA 3: RISCOS MEDIOAMBIENTAIS A construción da división entre a natureza e a sociedade. A inestabilidade do concepto da natureza. A construción social da natureza. O lugar de construción das cuestións ambientais. Ciencia e construción social do risco ambiental. A gobernanza dos problemas ambientais. A transformación política do ambientalismo moderno. A política da natureza. Ambientalismo e globalización.
TEMA 4: RISCOS TECNOLÓXICOS Perspectivas sociolóxicas sobre a tecnoloxía. Teoría do cambio socio-técnico. A análise de redes de cambio técnico. A construción social de feitos e artefactos. A resistencia á nova tecnoloxía. A tese do "accidente normal". Winner: a tecnoloxía como lexislación ou do contido político dos sistemas tecnolóxicos.
TEMA 5. AVALIACIÓN DE RISCOS Risco e racionalidade. O papel do experto na avaliación do risco. Obxectividade e valores na avaliación do risco. Cinco dilemas na avaliación dos riscos. Cuestións estratéxicas na avaliación dos riscos. A estratexia de risco percibido e o parecer dos expertos. A estratexia probabilística e a democracia. A estratexia utilitária e a incerteza. A estratexia da produción. A estratexia isolacionista. Novos rumbos na avaliación dos riscos.