Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Isto implica a aplicación dos conceptos e teorías aprendidas no curso ao estudo detallado dun caso dende o punto de vista do risco. O estudo de caso concreto será acordado entre a alumna e o profesor. O estudo será desenvolvido, se é posible, en grupos de máximo tres alumnos.
Mapa conceptual Os alumnos han de analizar un dos textos básicos sobre o tema e desenvolver o mapa conceptual do texto. O profesor asignará a cada alumno o texto a analizar.
Proba obxectiva O coñecemento dos aspectos relevantes do contido teórico do curso debe ser demostrado a través da realización dun exame.
Recensión bilbiográfica Os alumnos deberán presentar unha recesión de calquera dos textos básicos ou da literatura específica e colocarlo no contexto da discusión sobre o contido da materia.
Sesión maxistral O profesor dará clases maxistrais ao inicio do cuatrimestre sobre os contidos fundamentais de cada un dos temas tratados ao longo do curso.