Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Xestión da Calidade nos Centros Docentes, Autonomía, Transparencia e Rendición de Contas: Plans de M
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión da Calidade nos Centros Docentes, Autonomía, Transparencia e Rendición de Contas: Plans de M Código 652536009
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
jesus.miguel.munoz@udc.es
Profesorado
Muñoz Cantero, Jesus Miguel
Correo electrónico
jesus.miguel.munoz@udc.es
Web
Descrición xeral Os centros docentes cada vez máis están preocupados por atender as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese e, por tanto, tentan axustar os seus procesos e a súa xestión para cubrir estas necesidades. É por iso que, a xestión da calidade preséntase como unha práctica de mellora continua para alcanzar unha mellor eficiencia e eficacia dos centros docentes. Os modelos de calidade son unha ferramentas que nos permiten esta xestión desde diversos enfoques que se basean en principios de xestión de calidade como son a toma de decisións orientadas á mellora continua baixo principios de autonomía e rendición de contas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral. - Discusión dirixida. - Traballos tutelados (computa na avaliación). - Proba obxectiva (computa na avaliación). - Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizarán presentacións orais. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais. - Moodle: diariamente. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e discusións dirixidas. - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global. - Traballos tutelados (60%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen, exceptuando os criterios referentes á presentación oral que non se valorarán. Aqueles estudantes non asistentes regularmente e opten por relaizar os traballos tutelados invidiaulmente a súa cualificación será valorada soamente nun 40% dado que non se valorarán as actividades de traballo grupal existentes nos traballos tutelados. Polo que a súa cualificación máxima entre as dúas probas será de 8 puntos. - Proba obxectiva (40%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%). B) Os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segunso establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os traballos tutelados, si ben éstos últimos poderán presentalos de maneira individual. A proba obxectiva será a mesma para todos/as. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva). 3. Entregar os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes