Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Diagnóstico pedagóxico
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Diagnóstico pedagóxico Código 652G02039
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Profesorado
Losada Puente, Luisa
Correo electrónico
luisa.losada@udc.es
Web
Descrición xeral A preocupación pola avaliación e a análise da conduta humana atendendo a unhas ou outras variable foi unha constante ao longo da historia da humanidade, e permitiru configurar o diagnóstico como ciencia vinculada a diversos campos de coñecemento: mediciña, psicoloxía, educación… No campo da educación, o Diagnóstico Pedagóxico eríxese como disciplina que pretende o estudo dos aspectos relativos ao individuo en idade escolar e á súa contorna, mediante: (a) a identificación e valoraciónda das súas capaciadades, comportamientos, actitudes e atributos persoais no contexto escolar; (b) a procura dunha explicación sobre as causas, alternativas e factores implicados na situación experimentada polo escolar; (c) a explicación das consecuencias sobre el/ela, mediante a síntese da información recollida a través das diversas técnicas; e (d) a especificación, con base neses resultados, dos recursos singulares que require para a atención ás súas necesidades específicas de apoio educativo planificando, cando sexa necesario, unha intervención adecuada para mellorar satisfactoria esas accións, a personalidade e a madurez do escolar. Por todo isto, nesta materia optativa de 4º curso do Grao en Educación Primaria preténdese ofrecer unha aproximación teórico-práctica ao campo do diagnóstico pedagóxico, a través da cal o alumnado adquirirá as competencias básicas ou elementais que lle permitan comprender os procesos de aprendizaxe no período 6-12 anos dentro e fóra da aula, as características do alumnado e os seus procesos motivacionais e sociais, así como identificar as dificultades de aprendizaxe dos seus estudantes, aplicar os seus coñecementos ás problemáticas que presentan os seus futuros/as alumnos/as na escola, empregar técnicas e instrumentos adecuados para a exploración e identificación diagnóstica, e realizar informes que permitan informar das ditas dificultades e colaborar no proceso de intervención.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: actividades iniciais, sesión maxistral, traballos tutelados, estudo de casos, discusión dirixida. *Metodoloxías docentes que se modifican: - Simulación: no canto de realizar una representación das aprendizaxes teóricas en forma de suposto hipotético na aula, os grupos serán emparexados con outros grupos para traballar os supostos entre eles e deberán realizar un informe dos resultados. Non haberá presentación oral do traballo, senón que se terá en conta, únicamente, o informe entregado na data que indique a docente (no suposto dunha situación de confinamento). - Presentación oral: sustitúese a modalidade de presentación oral presencial dos contidos por unha presentación elaborada por alumnado a través dun PPT con audio, ou dun vídeo elaborado cos recursos que a Universidade pon a disposición do alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - TEAMS: atenderase a través desta plataforma (reunións virtuais, chat) ou de calquera outra que a Universidade poña a disposición da comunidade universitaria, só no horario de clase e titorías. Non se atenderán dúbidas fóra de este horario (salvo excepcións). - Outlook: atenderanse correos electrónicos do alumnado no horario de titorías. Non se atenderán correos que sexan enviados fóra deste horario. - Foro Moodle: habilitarase un espazo no Moodle para as dúbidas "xerais" e de cada un dos contidos da materia. 4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: anúlase a obrigatoriedade da asistencia no caso de confinamento. Non obstante, o alumnado deberá realizar nas datas previstas todas as actividades axendadas ao inicio do curso. No que respecta á proba mixta, no caso de non realizaren dous ou máis dos tests, deberá ir a proba final, prevista inicialmente para o alumnado non asistente, e cuxa data está fixada en Xunta de Facultade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes