Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Historia Social e Política contemporánea
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia Social e Política contemporánea Código 660G01009
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Profesorado
Fernández Colín, Mª Luísa
Correo electrónico
m.luisa.fernandez1@col.udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento básico da evolución social e política contemporánea e a súa repercusión na sociedade actual.
Plan de continxencia 1-MODIFICACIÓNS NOS CONTIDOS Non se realizarán cambios 2. METODOLOXÍAS *Metodoloxías docentes que se manteñen Presentación inicial Lecturas Obradoiro Presentación oral Prácticas a través de tics *Metodoloxías docentes que se modifican Proba mixta 3-MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO Correo electrónico: De luns a venres. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Para colgar as presentacións e as tarefas. – Teams: 1 sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e de seguido, 1 sesión para as práctica na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de horarios da Erlac. Tamén disporán a continuación de 1 hora de titoría para atender consultas por mail ou teams. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN Probas mixtas (ata 40%) ao final de cada tema na hora de clase asignada. Constarán de preguntas tipo test a elixir unha correcta entre 3 e preguntas cortas. Traballos tutelados (30%) En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. Prácticas e traballos de clase ata 30%. Cunha data concreta de entrega e alguns deles a expor na hora de clase virtual para superar a asignatura haberá que sacar como mínimo 5 da suma dos traballos+prácticas+probas periódicas *Observacións de avaliación: 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): 30% traballo a expor en clase e 70% o exame na data indicada por ERLAC 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 5 na suma das tres partes: prácticas 30%+traballo 30%+probas mixtas 40% 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4- os alumnos que tras a suma das notas non supere a asignatura poderá realizar o examen final nas convocatorias ordinaria e extraordinaria 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño 5. MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes