| Descrición xeral |
Nesta asignatura analízanse, en primeiro lugar, os elementos esenciais do Dereito Mercantil. Non soamente se estudan o concepto e as fontes desta disciplina, senon tamén ó estatuto xurídico da empresa, do empresario, a súa contabilidade, a súa necesaria publicidade legal, así como o réxime xurídico dos seus colaboradores. Nunha segunda parte, nesta asignatura examínase o Dereito da Propiedade Intelectual e da Competencia. En particular, estúdanse os diferentes dereitos sobre creacións industriais, os signos distintivos, o Dereito de Autor e dereitos afíns, a libre competencia e, finalmente, a competencia desleal e a publicidade comercial ou económica. |