Aprendizaxe colaborativa |
Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas motoras asignadas polo profesorado |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a cursos, seminarios, simposios, xornadas ou congresos relacionados co ensino e o adestramento das habilidades ximnásticas, especialmente aos FESTIVAIS XIMNÁSTICOS INTERUNIVERSITARIOS |
Portafolios do alumno |
Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase.
A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movimiento dos/as autores/as realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento |
Resumo |
Elaboración e entrega de síntese da información presentada polo profesorado en relación con algúns dos contidos da materia |
Sesión maxistral |
Exposición oral con apoio multimedia, por parte do profesorado, dos contidos da materia. A pesar das características concretas desta metodoloxía, o profesor interactuará co alumno, expondo cuestións para resolver. |
Proba práctica |
Componse dun exame coas seguintes características
- Probas prácticas compostas por diversas tarefas motoras estudiadas nas sesións presenciais a executar. |
Práctica de actividade física |
Práctica por parte do alumnado das tarefas motoras propostas polo profesorado en relación cos contidos de aprendizaxe |