Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do profesorado e da guía docente da materia. Os alumnos completarán un cuestionario sobre coñecementos e experiencias na práctica de actividades ximnásticas
Aprendizaxe colaborativa Organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas motoras asignadas polo profesorado
Discusión dirixida Debate sobre contidos da materia previa lectura da documentación aportada polo profesorado
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a cursos, seminarios, simposios, xornadas ou congresos relacionados co ensino e o adestramento das habilidades ximnásticas, especialmente aos FESTIVAIS XIMNÁSTICOS INTERUNIVERSITARIOS
Obradoiro Asistencia a prácticas de aprendizaxe e adestramento no obradoiro de actividades ximnásticas desenvolvido polo GRUPO GYMNAESTRADA
Portafolios do alumno Cartafol realizado en grupos de dous ou tres estudantes cuxa información baséase en recompilar, ordenar e completar as descricións técnicas e as tarefas de aprendizaxe para cada unha das habilidades ximnásticas estudadas en clase.
A información escrita deberase acompañar de imaxes fixas ou en movimiento dos/as autores/as realizando as diferentes tarefas de aprendizaxe recollidas no documento
Proba mixta Componse dun exame coas seguintes caracteristicas:
- Probas escritas compostas por preguntas de ensaio e de resposta breve.
Resumo Elaboración e entrega de síntese da información presentada polo profesorado en relación con algúns dos contidos da materia
Saídas de campo Observación de sesións de ensino ou adestramento en escolas ou clubs dedicados á práctica ximnástica
Sesión maxistral Exposición oral con apoio multimedia, por parte do profesorado, dos contidos da materia. A pesar das características concretas desta metodoloxía, o profesor interactuará co alumno, expondo cuestións para resolver.
Solución de problemas Traballo grupal do alumnado no que terán que compor e executar un exercicio de conxunto integrando os diferentes tipos de habilidades estudadas e cumprindo as esixencias expostas polo profesorado
Proba práctica Componse dun exame coas seguintes características
- Probas prácticas compostas por diversas tarefas motoras estudiadas nas sesións presenciais a executar.
Prácticas a través de TIC Componse de diversas tarefas propostas polo profesorado sobre os contidos tratados nos diferentes bloques temáticos que o alumnado deberá realizar e presentar a través das canles Moodle e/ou Microsoft Teams
Práctica de actividade física Práctica por parte do alumnado das tarefas motoras propostas polo profesorado en relación cos contidos de aprendizaxe