Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase impartida polo profesor, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados na guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo. Pero o profesor/a facilitará ao alumnado material en power point (a través de moodle) para facilitarlle o seguimento da exposición. Neste material en power point o alumnado/a terá referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición do profesor/a.
Prácticas a través de TIC Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o diseño do instrumento como recollida e análise da información
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Saídas de campo O alumnado en grupos pequenos e para cumprimentar a metodoloxía de obradoiro, debe recoller información utilizando un instrumento sobre un tema acordado polo grupo (sempre dende a perspectiva de xénero). Para tal fin, os suxeitos utilizados para a recollida da información pode ser calquera alumno matriculado nalgunha titulación da Universidade; administrativo ou profesorado. Incluso poden ser suxeitos de algunha institución onde traballe un educador social.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Solución de problemas Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. Ademais, só se aplicará nas clases interactivas xa que o profesor/a presentará problemas aos alumnos/as a través de prácticas que recollerá ao finalizar cada clase.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Obradoiro Esta tarefa está destinada unicamente aos contidos da materia do tema 2 e o tema 3. Coa mesma, inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique ditos temas. O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ISTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Aprendizaxe colaborativa Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. Así o profesor/a presentará en ditas clases as prácticas que realizará co alumnado (prácticas que están en moodle). Estas serán recollidas polo profesor ao finalizar a clase, para xustificar a presencialidade do alumnado, e serán devoltas ao alumnado na seguinte clase interactiva.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación de aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes: teoría pura (será o que o profesor/a presenta nas clases expositivas, ademais, do que o profesor/a traballa co alumnado nas clases interactivas), e, a última parte, a parte estatística (será unicamente o que o profesor expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia). As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias.