Metodoloxías Descrición
Proba mixta Realizarase segundo a data e hora previstas no calendario oficial de exames.
Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios.
Seminario O traballo de seminario constitúe, xunto coas sesións maxistrais, o elemento central do traballo da aula na materia. Aborda o estudio dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artigos ou capítulos de libros) propostos ó alumno.
O traballo de seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra da aula, por conta do alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos. Por outra, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos e posterior, en consecuencia, ás sesións de seminario. Proporanse ó alumno 5 fragmentos, un por cada un dos bloques de contidos, dos que el seleccionará 3 entregando os comentarios correspondentres.
Lecturas Proporanse varios libros de lectura dos que o alumno seleccionará un. Na aula ofreceranse unhas orientacións xerais, pero a lectura do libro será tarefa do alumno fóra da aula. Deberá asimilar o contido do texto, poñéndoo en relación co conxunto da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
Na proba mixta incluirase un apartado referido ó libro de lectura, que permitirá calficar este aspecto do traballo do alumno. Propoñerase ós alumnos a posibilidade de adiantar a realización da proba do libro de lectura, realizándoa durante o periodo lectivo.
Sesión maxistral Recurrirá á exposición oral do profesor, co obxectivo de introducir nos núcleos conceptuais principais das unidades temáticas abordadas e establecer as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesións de seminario.