Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante estas sesións expóñense os conceptos básicos e fundamentos da integración arquitectónica dos elementos integrantes de sistemas renovables nas distintas partes que constitúen o edificio.
Portafolios do alumno O alumno manterá un informe recompilatorio de todos os traballos individuais (como máximo 4) que realizará durante o curso. O traballo recompilatorio de cada alumno entregarase ao final de curso para a súa avaliación.
Traballos tutelados O profesor formulará na aula o estudo dun ou varios casos prácticos, que o alumno terá que desenvolver o traballo seguindo as directrices impartidas na aula, cuxo resultado será reflectido nun documento final que o alumno entregará en forma e prazo ao profesor, para a súa avaliación.
Estudo de casos Analizaranse exemplos de integración arquitectónica de distintos elementos integrantes dos sistemas renovables.
Proba de resposta breve Examen tipo test / respuesta breve
Solución de problemas Resolución de problemas similares aos formulados en clase