Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Cada grupo deberá cubrir unha ficha na que establecerá unha orde de prioridade á hora de desenvolver o traballo en torna á temática de cada un dos bloques temáticos da materia. Posteriormente, aos grupos asignaráselles un titor entre os profesores da materia tendo en conta o contido a desarrolar no seu traballo. A asignación de titor e contido farase tendo en conta a orde de comunicación da solicitude, as preferencias indicadas polo grupo e a distribución proporcional entre os bloques de contido.Cada grupo manterá polo menos cinco titorías co seu supervisor para tratar temas concretos do traballo. As titorías poderán ser tanto de forma presencia no despacho do profesor, como por medios telemáticos (Teams). Igualmente resolveranse dúbidas puntuáis tanto de forma presencial, coma a través de Teams ou por medio do correo electrónico. Estas reunións serán planificados ao comezo do cuadrimestre, e compatibles co emprego do resto de horas de titoría. Cada unha das atencións terá unha temática concreta:

- Deseño
- Ritmo de desenvolvemento
- Resultados
- Preparación da exposición
- Exposición do traballo

No caso de alumnos con matrícula con dedicación a tempo parcial, o alumno poderá solicitar a realización do traballo de forma individual, podendo realizarse o seguimento do traballo de forma non presencial (correo electrónico, skype etc.)