Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A14 A23 A27 A28 A29 B2 B7 B9 B20 C2 Conterá tanto preguntas de ensaio como obxectivas. O carácter das preguntas poderá ter tanto carácter conceptual como aplicado.

O exame presentarase ao alumnado redactado no idioma de impartición da materia (isto é castelán). Se algún alumno/-a desexa unha copia do mesmo no outro idioma oficial da UDC, deberá solicitalo ao profesor coordinador unha semana antes da data de realización
50
Traballos tutelados A7 A14 A23 A27 A28 A29 A36 B1 B7 B9 B10 B20 C2 C3 C6 Valoraranse:

- Calidade da presentación
- Calidade do deseño presentado
- Análise e interpretación dos resultados
- Emprego de tecnoloxía e innovación
20
Presentación oral A36 B1 B2 B7 B10 C2 Valoraranse:

- Calidade da comunicación verbal
- Calidade no emprego de TICs
10
Solución de problemas A23 A27 A28 A36 B2 B7 C2 C3 C6 Consiste na realización de traballos de extensión breve que impliquen a resolución dalgunha cuestión ou da aplicación de procedementos técnicos abordados ao longo das actividades presenciais (lección maxistral, obradoiros etc.). Solicitarase un traballo por cada un dos bloques da materia. É requisito a súa entrega axustada en formato e prazo. O profesor responsable de cada bloque establecerá estes apartados. Cada traballo supoñerá ata un 25% deste apartado 20
 
Observacións avaliación

 Para superar a materia será imprescindible lograr o apto na proba mixta. O apto na proba mixta establécese nunha cualificación maior ou igual ao 50% da máxima posible. Unha vez que se cumpra este requisito, só se considerará como apto aquel alumno/-a cuxa suma dos diferentes apartados da avaliación supoña unha cualificación maior ou igual ao 50% da máxima posible.

Salvo que tivese lugar un cambio no sistema de avaliación, a cualificación obtida nos seguintes apartados conservaranse en posteriores oportunidades:

    Proba mixta

    Traballo tutelado

    Presentación oral

A cualificación do apartado de solución de problemas leva a valoración conxunta  dos traballos dos 4 bloques temáticos. Cada traballo achega un 25% da cualificación final deste apartado. Só se considerarán as cualificacións correspondentes ao último curso en que se entregaron algún deses traballos. En cada curso, a entrega dun novo traballo, supón a renuncia do/da alumno-a á cualificación obtida neste apartado en cursos anteriores.

Na segunda oportunidade o/a alumno/-a poderá avaliarse de todos os apartados non realizados ou superados na primeira oportunidade

En cada oportunidade,  non concorrer á a proba mixta  implicará a cualificación do/da alumno/-a como non presentado/-a.

Todo o exposto con anterioridade será de aplicación tanto para o alumnado con adicación a tempo completo como para aquel con adicación a tempo parcial. No caso da solución de problemas, o alumno/-a con matrícula a tempo parcial poderá solicitar a cada profesor algunha adaptación ou alternativa de actividade  cando a realización deste apartado requira dunha asistencia a clase que o/a estudante o non poida cumprir.