Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Seminario Paralelamente ao desarrolo teórico da materia entregaranse boletíns de exercicios e problemas realacionados.

O obxectivo é que os alumnos vaian traballando os coñecementos que van adquirindo a través destes boletíns.

Nos seminarios coa axuda do profesor discutiranse e resolveránse os problemas máis relevantes dos boletíns.
Solución de problemas Exponse unha serie de problemas que o estudante debe resolver a partir dos coñecementos que se traballaron en teoría
Proba de resposta breve Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa.
Proba mixta Exame escrito onde se avalía a comprensión e aplicación dos conceptos e métodos fundamentais da materia.