Código Competencias do título
B1 Coñezan os fundamentos da neurociencia e as materias desta obxecto do seu interese.
B2 Coñezan e saiban utilizar as técnicas experimentais dos campos da neurociencia obxecto do seu interese.
B4 Saiban ler e obter información relevante de publicacións científicas.
B5 Saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa neurociencia.
B6 Sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
B8 Saiban traballar en grupos de carácter multidisciplinar
B10 Posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.