Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A4 B3 B4 B5 B7 B8 B15 O estudo de casos realizarase de dúas maneiras:
1) No curso das clases presenciais.
2) Como actividades semipresenciais que serán propostas aos alumnos sempre acompañadas do material preciso para realizalas así como da fecha límite para a súa entrega.
65
Presentación oral A5 B7 B8 B15 C3 Nalgunhas clases presenciais o profesor plantexará actividades, simulacións e exposicións orais. 30
Seminario A2 A5 B3 B4 B7
Os seminarios poderán realizarse fora do horario das clases presenciais, e a asistencia aos mesmos será valorada positivamente.
5
 
Observacións avaliación

Os alumnos serán avaliados polo traballo que realicen ao longo do curso, cun sistema de avaliación contínua. Cada alumno adquire o compromiso de participar activa e satisfactoriamente nas actividades obrigatorias, que son as seguintes:
- 1) A asistencia ás clases presenciais e realización das actividades en Moodle. Os alumnos deberán xustificar as ausencias. En calquera caso, non se admitirá unha ausencia superior ao 20% das clases presenciais.
- 2) A realización das actividades encomendadas polos profesores das asignaturas na aula.
- 3) A realización das actividades non presenciais requeridas aos alumnos polo profesorado do máster, que serán evaluadas sempre que se entreguen dentro do prazo sinalado para a realización das mesmas. 4) Os alumnos poderán participar activamente nas actividades complementarias que se ofrecen ao longo do curso. Resérvase unha porcentaxe da nota final para avaliar as diversas actividades complementarias que teña realizado cada alumno. Para a superación do módulo os alumnos deben alcanzar a calificación de 5 ou superior.

Polo que respecta ó alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá na proba obxectiva, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade