Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Os grupos de traballo asignados á realización do proxecto de empresa resolverán cuestións relativos aos temas que conforma o apartado de Contidos. Será o profesor/a quen propoña os casos para desenvolver os ditos contidos e buscará a conexión destes contidos coa realización do proxecto final.
Os grupos non se poderán disolver, en caso de problemas entre os integrantes do grupo, serán os propios alumnos quenes deberán de xestionar os conflitos ou resolver as discrepancias. Non poderán abandonar o grupo ao cal fosen asignados.
Solución de problemas Os alumnos deberán desenvolver habiliades para identificar os problemas que xorden na xestión empresarial, recollida nos diferentes capítulos dos contidos, e resolvelos de maneira eficiente e rigorosa.
Presentación oral Os estudantes de maneira individual ou en grupo deberán defender diante do profesor e doutros estudantes a validez das decisión adoptadas dentro dos problemas que se identifiquen.
Discusión dirixida A partir do intercambio de ideas dos estudantes guiados por unha metodoloxía inducida polo docente, deberán formular unha discusión fundamentada orientada á toma de decisións.
Análise de fontes documentais Os estudantes deberán adquirir habilidades no manexo de diferentes fontes documentais e bases de datos que lles axuden no proceso de formulación e resolución dos problemas.